28.2.18

RADIO ESCOLAR ( 4ª EI )

Neste curso, o Día da Paz no cole, celebrouse partindo da idea de Unión de Pobos a través do Mar, polo que propúxose dende a Biblioteca Escolar o contacto con algún cole con cultura distinta á nosa. Na nosa clase viaxamos a Colombia, e posto que estamos no proceso de axudar a Serea Leo a coñecer os animais mariños, decidimos contactar con algún cole de Colombia para que colaborasen connosco no noso Proxecto de Investigación. Dende hai pouquiños días temos un novo espazo escolar, A Radio Balea ( nome escollido a través dunha votación na que participou todo o alumnado do centro), así que subimos toda a clase a este espazo, collimos os micros, probamos a facer gravacións, puxemos os cascos, respectamos o turno de palabra... Unha vez familiarizados coa Radio, utilizamos un podcast para contactar con El Jardín El Prado, unha escola infantil de Colombia. Aínda que todos participamos nas asembleas para ver que cousas queríamos preguntarlles , soamente subiron a facer o podcast Leo, Clara, Juan e Antía. Foi unha grande experiencia, así que iremos pasando todos pola Radio Balea. Deixo o podcast que enviamos!!!






27.2.18

NÚMERO PROTAGONISTA ( 4º EI )

Onte descubrimos o panel do Número Protagonista, encántannos as actividades manipulativas!!!




Recuncho mariño ( 4º EI)

Seguimos ampliando o noso recuncho mariño, nesta ocasión Clara trouxo un precioso golfiño, que agora está moi ben acompañado de outros animais. Moitas grazas Clara!!!!
 
 
 
 
 

EXPERIMENTOS CON AUGA (6ª E.I.)

Estas semanas tivemos unhas sesión "intensivas" de experimentos coa AUGA. Comezamos  descubrindo ca razón pola que se desfai (dilúe) o colacao máis rápido no leite ou na auga quente é porque existen unhas partículas que forman os líquidos chamadas MOLÉCULAS e se están frías móvense moi amodo pero cando están quentes móvense rápido, como a "tolas" e por iso dilúense moi pronto.
No segundo dos experimentos descubrimos que a auga nun vaso transparente funciona igual cunha lupa. Aumenta as cousas que se introducen no vaso e incluso semella que as cambia ou as rompe (lapis).





















O terceiro experimento partía dunha afirmación realizada por un dos alumnos: "O meu avó díxome que o mellor para apagar o lume é non botarlle aire". Comprobamos que esta afrimación e totalmente verificable. Cun chisqueiro acendemos unha candea e tapámola cun vaso. En poucos segundos a chama apagouse pois quedou sen osíxeno dentro do vaso.




26.2.18

Lecturas pequechas ( 4º EI)

Este, como cada luns, recibimos a visita de compañeiros de 2º de Primaria, nesta ocasión recibimos a Sofía e a Yerai , que leron " A cociñeira do rei". Moitísimas grazas por vir!!!




24.2.18

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2018 (5º E.I.)

Onte celebramo o día de Rosalía de Castro. A temática foi "Rosalía e o mar". A actividade consistía en facer un augamar por aula e colocalo nun mural do corredor. Dentro da augamar tiñamos que esribir un poema, estrofa,... relacionado co mar.
Nos escollimos unha estrofa do poema "Adiós ríos, adiós fontes" onde menciona o mar. O cal escoitámolo cantado por Amancio Prada, e cando cantaba a nosa estrofa e dicía a palabra mar dabámoslle a pausa. Déixovos o enlace para que a poidades escoitar ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES


VISITAMOS PERÚ (5º E.I.)

Estamos visitando Perú, onde se celebrou o segundo campeonato mundial de surf no ano 1965, concretamente en Punta Rocas. Primeiro fixemos a viaxe de Arxentina a Perú, ao chegar visitamos a capital do país, Lima. E, logo, fomos as montañas a visitar unha cidade moi antiga e moi famosa, o Machu Pichu.







A continuación déixovos enlaces para que visitedes:

MACHU PICHU 1

MACHU PICHU 2

PUNTA ROCAS

LECTURAS PEQUECHAS IX (5º E.I.)

Este luns viñeron Sofía e Antía a lernos o conto "A cociñeira do rei".




23.2.18

Día de Rosalía de Castro (6º E.I.)


Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro no centro, xa que é o 24 de febreiro, por iso na nosa clase lemos este libro de Rosaía onde os Bolechas cóntanos un pouco máis da súa vida e dos seus poemas. Despois todo o centro imos encher un mural con poemas de Rosalía pegados en medusas, a nosa clase escribiu En el mar azul las transparentes olas, del libro "A orillas del Sar", xa que Rosaía de Castro pedía "Abrídeme a ventana, que quero ulir o mar".




CORAL (6º E.I.)

Cunha nova mensaxe da nosa amiga a buceadora Rosa, chegounos tamén unha caixa cun coral fermosísimo (según os nenos/as sabemos que era dela porque a caixa viña mollada). Primeiro observamos as fotos de Rosa que nesta ocasión era dunha anémona, que a coñecemos do conto Una casa para el cangrejo ermitaño, varios corais e tamén fotos de algas e estivemos investigando a diferenza entre estes animais mariños que parecen plantas, e as propias plantas. Despois xa pasamos a estudiar o coral e todas as súas características e tocalo tamén aínda que con moito coidado xa que podía romper. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: coral.



22.2.18

ANIVERSARIO DE CLARA ( 4º EI )

Clara xa ten 4 anos!!!!! Celebramos o seu aniversario cociñando, neste caso fixemos magdalenas de chocolate e de vainilla, pesamos, contamos, batemos, mesturamos, probamos, raiamos...
Recibimos a visita de Diana, a súa mamá, que contou a historia que inventaron para o libro viaxeiro " Un mar de contos", na que descubrimos que a Clara lle gusta entre outras cousas, xogar co seu irmán Fran a ser unha serea. Clara decorou a súa coroa, regalamoslle bicos e apretas, cantamos cumpre anos feliz e sopramos as 4 velas,moitas felicidades!!!!

RECUNCHO MARIÑO ( 4º EI )

Un bo día, Breixo apareceu no cole cunha bolsa que pesaba un montón, empezou a ensinar a sorpresa agachada dentro, ERAN UN MONTÓN DE ANIMAIS MARIÑOS DE MADEIRA. Contounos quen os fixera, que animal era cada e as súas cores: golfiño, orca, tiburón, peixe, balea... encántanos xogar con eles, moitas grazas Breixo !!!






RECUNCHO MARIÑO ( 4º EI )

Antes do entroido, Juan Luis apareceu na clase cunha mochila chea de sorpresas mariñas, trouxo barquiños e tartarugas feitas coa cáscara das noces, un cadro feito por el, fotos dunha barracuda e unha medusa, un conto de Nemo, unha medusa feita na casa con lá, animaliños ... Un montón de cpusas, grazas por compartilo!!!!



             



 

ENTROIDO 2018 ( 4º EI )

O 8 de febreiro comezamos a celebrar o entroido facendo unha pequena festa de disfraces, na que cada un vestiuse da casa ó seu gusto, baixamos á aula de psicomotricidade onde bailamos, xogamos e tomamos cousas ricas!!!
O 9 de febreiro fixemos a grande festa do Entroido, posto que as condicións climáticas non permitiron baixar á praia e facer o desfile polas rúas de Malpica,  celebrámolo no pavillón. Fixemos o desfile co noso disfraz de Medusa " Confusa" do conto " Medusa se ha vuelto a enfadar", xa que o tema da festa era Un Mar de Contos. Despois do desfile de todas as clases, baixamos ó comedor , onde degustamos ricos aperitivos do Entroido e desfrutamos coa compañía das familias.

20.2.18

LECTURAS PEQUECHAS ( 4º EI )


Este luns na hora das lecturas pequechas visitáronnos Blanca e Iker, 

que nos contaron " Andrés cabeza abajo"
       



                

CRUSTÁCEOS (6º E.I.)

Recibimos outra mensaxe da nosa amiga a buceodora Rosa e, nesta ocasión, son fotografías sobre distintos crustáceos, así que estivemos investigando cal era cada un deles e cales eran as características comúns cos definen. Ademais, como das casas trouxeron distintos caparazóns, analizamos cada un deles e os ordeamos de menor a maior.
















Tamén descubrimos un novo conto que nos gustou moito, Una casa para el cangrejo ermitaño:




E como na clase tiñamos un carlou que trouxo unha alumna da súa casa, estivemos escoitando o mar, ainda que houbo nenos e nenas que decían que eles escoitaban o zumbido dunha abella, unha tubería... Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Crustáceos.


15.2.18

ENTROIDO 2018 (5º E.I.)

Este ano o entroido foi mar e contos, polo que todos escollimos un conto relacionado co mar e disfrazámonos. No noso caso escollimos o conto que nos trouxo Nicolás de  "SUPERPERCEBE" e fixemos un disfraz de percebe.
Debido o mal tempo fixemos o desfile de entroido no pavillón, pero iso non foi un inconvinte para pasalo moi ben. E, logo, a comer larpeiradas, estaban todas moi ricas, gracias a todos e todas pola vosa colaboración coa comida. 
Para ver as fotos ir a ENTROIDO 2018.


A RADIO NO COLE (5º E.I.)

No cole xa temos radio, pero antes de empezar a emitir temos que buscarlle un nome, para o cal organízouse un concurso para escoller o nome da radio entre todos e todas. Nos xa fixemos a nosa proposta e metémola no buzón que hai xunto á biblioteca. Saberemos o resultado o 26 de febreiro.


7.2.18

TABOA DE SURF II (5º E.I.)

Comezamos a facer a nosa taboa de surf, xa lle dimos unha man de violeta e de vermello. Fáltanos darlle unha ou dúas mans máis para que quede ben pintada. Están encantados con facela, xa que así preparámonos mellor para participar no campeonato de surf que estamos facendo polo mundo adiante. 😊😊😊



LECTURAS PEQUECHAS VIII (5º E.I.)

Este luns viñeron Sabela e Martín a lernos "A tartaruga que quería durmir".




APORTACIÓNS AO PROXECTO III (5º E.I.)



6.2.18

PAN DE ELOTE (6º E.I.)

Estando de viaxe por México non podíamos deixar de cociñar un plato típico de alí como é o PAN DE ELOTE. Para a receita precisamos dos seguintes ingredientes:

  • 200 gr. de manteiga (a temperatura ambente).
  • 1 lata de leite condensada (400 gr.).
  • 100 gr. de azucre.
  • 1/2 culler de sal.
  • 1 culler de ensencia de vainilla.
  • 6 ovos.
  • 750 gr. de elote (millo)
  • 1 taza de fariña de millo.
  • Un sobre de levadura.
Para a súa elaboración primeiro trituramos ben o millo ata obter un puré e o reservamos. Nun bol xuntamos a fariña, a levadura e o sal. Batemos ben a manteiga a velocidade media ata ablandar, engadimos o azucre e seguimos batendo. Engadimos un a un os ovos, a ensencia de vainilla e a leite condensada e seguimos batendo. Incorporamos o elote mulido e a mestura de fariña, batemos todo ben ata que quede ben homoxéneo. Vertemos a mestura nun molde engrasado e co forno precalentado a 180º, estará uns 45-55 minutos. Despois xa a probar esta delicia. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Pan de elote.