29.11.18

RECUNCHO DE CHINA ( 5º EI )

 Estos últimos días seguimos ampliando o noso recuncho chino, Valentina trouxo un debuxo dunha pagoda e unha careta de dragón chino, Juan Luis agullas de acupuntura e un cartel no que descubrimos que en Lugo tamén hai unha muralla como a de China, pero moitísimo máis pequena, tamén os guerreiros de Xián e as artes marciais, e Saúl trouxo un gorro chino e un dragón moi chulo feito con vasiños vermellos, e tamén fotos dunha pagoda, da Gran Muralla China, dun Dragón feito con froita, un oso panda comendo bambú e os guerreiros de Xián

 Moitas gracias a todos!!!!!!!










Matemáticas manipulativas ( 5º EI )

Como cada día, despois de facer as rutinas na asemblea, facemos xogos matemáticos!!


matemáticas manipulativas

A GRAN MURALLA CHINA ( 5º EI )

Hai unhas semanas descubrimos a Gran Muralla China, sabiamos que era moi grande, tan grande que se ve dende o espazo ( temos pendente ir ó espazo para vela). Así que decidimos facer a nosa propia Muralla utilizando cartóns de leite, recollimos unha morea deles, así que esta semana comezamos a nosa construcción.

Para comezar metímolos nunha caixa moi grande, e por turnos, collimos catro cartóns para facer unha pequena muralla, coa problemática das contas: algúns collían de máis e outros de menos... cantos cartóns teño que quitar? cantos teño que poñer para ter catro?

Unha vez que todos tiñamos catro cartóns e a muralla feita, xuntámolas para facer unha xigante pero... Dímonos conta que non tiñamos suficientes cartóns de leite para facer a Gran Muralla por todo o pasillo, así que ó final fixémola con pequenos bloques de madeira da biblioteca escolar. Tiñamos que colocar 10 bloques e despois un cartón de leite como torreón, e así ata chegar ó final. Neste proceso tivemos o grupo de constructores, o persoal de limpeza e os xefes da construcción, comprobando a colocación e cantidade de bloques. Despois desta actividade, coa que estaban moi emocionados, decidimos recoller, xa que se deixabamos a nosa Muralla no pasillo, acabaría desmontada. Pero despois tivemos unha sesión de psicomotricidade con Manu, nesta sesión tiveron que facer outra Muralla China, primeiro tiñan que cruzala mantendo o equilibrio de un en un., despois cunha tea vermella, convertéronse nun... DRAGÓN CHINO!! Por grupos xogaron a cruzar a muralla e... Pasaronno xenial!!!!


Posto que seguiamos tendo cartóns de leite, decidimos reutilizalos , para o que fixemos unha actividade creativa de construcción e traballo en equipo. Creamos catro grupos, o grupo 1 formado por Dania, Breixo e Noa que decidiron facer un dragón chino, o grupo 2 composto por Santiago, Juan Luis, Antía e Saúl crearon tamén un dragón chino, o grupo 3 con Valentina, Anna, Gabriel e Marcelo fixeron a Gran Muralla China, e o grupo 4 formado por Leo, Benito e Clara construiron unha vaca.

Aínda que o traballo en equipo costa un pouquiño, e poñerse de acordo na toma de decisións tamén, foi unha actividade moi productiva e interesante, pero non está rematada, polo de agora están as bases, despois teremos que pintar e rematar as nosas obras de reciclaxe.



A GRAN MURALLA CHINA

Aniversario de Noa ( 5º EI)

O domingo Noa cumpliu 4 anos!!! No cole celebrámolo cociñando  uns deliciosos fideos chinos con verduras. Lavamos os tomates e o calabacín, e despois cortámolos xunto coa cenoria e o pemento, cocimos os fideos chinos, xuntamos todo, engadimos unha pizca de sal, rehogamos cun pouquiño de aceite e... A COMER!!! ( Xa temos grandes expert@s na utilización dos palillos chinos)
 Despois de recoller a cociña, poñer o lavavaixelas, soplar as velas e cantarlle cumpleaños feliz, regalámoslle a Noa bicos e apretas e rematamos a xornada bailando.
 Moitas felicidades Noa!!!



Fotos aniversario de Noa

MAGOSTO/ SAMÁIN ( 5º EI )

Para celebrar o Magosto e o Samaín fixemos nas últimas semanas varias actividades:




1. Participación das familias na creación de cabazas mariñeiras: ademais de facer unha exposición das cabazas da nosa aula na entrada da mesma, fixemos unha visita polo cole vendo as cabazas traidas noutros cursos.

FOTOS:  CABAZAS SAMAÍN





2. Truco ou trato: os nenos e nenas de infantil fixemos esta actividade , que consistía en ir polas aulas e facer un truco ou un trato. No medio da mañá do mércores apareceron os cativiños/as de 3 anos a darnos un susto coas caretas de medo e nos cantaron unha canción,  nos regalámoslles uns debuxos de monstros feitos o día anterior que estaban cheos de ollos de cores. Máis tarde nos marchamos a aula de 5 anos a dar un susto, tocámoslle unha canción coas caixas chinas e recibimos un agasallo: un debuxo de esqueletes!!!!!!

FOTOS:  TRUCO OU TRATO





3. Preparamos unha actuación sobre o Dragón chino para a semana de lecturas terroríficas, para iso creamos un dragón xigantesco, e tras descubrir que na aula de música, Nerea, tiña caixas chinas, decidimos incorporalas á actuación. Recibimos a axuda dos nenos e nenas de 4º de EI para suxeitar o dragón mentres nos facíamos a percusión coas caixas.

FOTOS:
PROCESO DE CREACIÓN DO DRAGÓN


VÍDEO

Actuación nas IX Lecturas Terroríficas



4. Magosto: todo o ciclo de infantil, o venres 26 de outubro, participamos a primeira hora duns xogos do magosto: encesta no barco, a castañita de guante guante, e os castañolos. Ó remate recibimos unha entrada para o cine. Todo o ciclo de infantil e o 1º ciclo de primaria baixamos ó centro cívico a ver a película COCO, pero antes buscamos a fila e o número de silla correspondente. Tras o visionado subimos ó cole, e na aula de psicomotricidade degustamos as castañas asadas e peladas.


FOTOS :  FESTA DO MAGOSTO


5. RADIO BALEA: subimos ó estudo de radio a facer un pequeno programa sobre o magosto e o Samaín.


vídeo: sesión radio

20.11.18

PROXECTO CHINA: CONTACONTOS ( 5º EI )

A semana pasada Noelia, a mamá de Breixo, visitounos con algo moi especial, un conto: La reina trotamundos en China.

Neste conto descubrimos, entre outras cousas moi interesantes, que a Gran Muralla China é moi grande, tan grande que podemos vela dende o espacio, polo que apareceu a idea de subir ó espazo, para o cal precisamos dun foguete, deron varias ideas, pero polo de agora, imos ver canto mide a Muralla, e intentar reproducir un trociño dela!!!


Moitas Gracias pola visita!!!






RECUNCHO DE CHINA ( 5º EI)



Os últimos días recibimos máis materiais para o noso recuncho, Antía trouxo un debuxo no que descubrimos a Gran Muralla China, Noa un debuxo dun Dragón Chino para cada un dos compañeiros/as co nome posto, polo que autónomamente buscan o seu e van ó recuncho do artista ou do pincel a decoralo, Valentina un cartel con algúns dos inventos chinos: pólvora, porcelana, seda, cometa, brúxula... e un xogo de tangram, Juan Luis fideos Yatekomo e Dania fideos chinos e unha receita para preparalos!!!!!





 





                 


     Moitísimas gracias a tod@s, estamos supermotivados con este Proxecto!!!!

Aniversario de Santiago ( 5º EI )

O mércores 14 Santiago cumpliu 4 anos!!!!!!

 O venres para celebralo fomos á cociña a facer arroz 3 delicias: cortamos as cenorias unha vez cocidas, cortamos en taquiños o pavo, lavamos os guisantes, fixemos unha tortilla francesa de 3 ovos... e engadimos todo nunha sartén cun pouquiño de aceite. Unha vez o arroz terminou de cocer, mesturamos todos, engadimos unha pizca de sal e... a comer!!!


Antes de poder probar a receita, soplamos as 4 velas e cantamos cumpleanos feliz , despois intentamos comer con palillos chinos, aínda que ó final utilizamos culleres, regalamoslle bicos e apretas e de volta en clase... bailamos!!

Moitísimas felicidades Santi!!!!!!!


Para ver as imaxes premer no enlace: 

Aniversario de Santiago 4 anos

12.11.18

RECUNCHO DE CHINA ( 5º EI )

Hoxe ó chegar ó cole atopámonos no buzón de clase o menú dun restaurante chino, descubrimos que ademais do arroz, comen carne, gambas, fideos e tallaríns, e que os números que estaban ó lado non era a temperatura  nin a cantidade de comida, era o prezo de cada plato!!!

Tamén hoxe miramos un par de libros que trouxo Breixo sobre a lectoescritura china, xa aprendemos a dicir hola: Ni hao!!!
Juan Luis trouxo dúas lámparas de papel pequenas, aprendemos que se chaman farolillos, e un abanico chino, o que nos levou a unha nova pregunta: Haberá moito calor en China?

Anna trouxo unha delicias chinas, unha especie de empanadillas de carne que estaban boísimas e que probamos case todos!!!!      empanadillas chinas






Tamén fixemos arroz chino con plastilina!!    arroz con plastilina

 Moitísimas grazas!!!

PROXECTO CHINA ( 5º EI)

O venres chegamos a clase moi emocionados, tiñamos un montón de cousas sobre China!!!!

Juan Luis trouxo unhas fotos de templos budistas, incienso e 5 moedas chinas unidas por un cordón vermello, que  se colocan na porta dos templos para evitar as malas enerxías. Decidimos facer un amuleto para a nosa clase, e encendimos o incienso!!!Valentina trouxo un debuxo de animais que hai en China, Anna una lámpara china rosa de papel, Santiago un montón de dragóns chinos de varias cores, un debuxo dun neno chino e un gato que non para de mover a pata!!!Dania trouxo o debuxo dun neno chino chamado Bruce Lee ( dará pé a traballar as artes marciais), o debuxo da bandeira de China e letras chinas!!!


MOITÍSIMAS GRACIAS A TOD@S!!!!



 


                   

8.11.18

GASTRONOMÍA CHINA ( 5º EI )

A semana pasada, Anna, trouxo a clase una especie de torta ou empanada para compartir, asi que fomos á cociña para quentala un pouquiño e probala e... estaba boísima!!!!! non sobrou ningún trozo!!


Tras darlle voltas a que sería eso que acabaramos de comer, decidimos preguntarlle á nai de Anna ,que estaba na porta na hora da saída, e descubrimos que ... comeramos comida china!!!!




fotos:   comida china


Unha vez en clase , pensamos que cousas comerían en China, e dixeron de todo: patacas con salchichas, gusanos, espaguetis, bichos, bolboretas, pizza, hamburguesas... Non chegamos a un consenso así que mandamos una nota para casa, por se acaso as familias nos podían axudar:




E hoxe, Valentina trouxo información valiosa, descubrimos que ós chinos gústalle moito o arroz e que comen con palillos chinos, así que utilizando os palillos que trouxo Valentina, probamos a coller pompóns e vimos que era bastante difícil, aínda que o pasamos moi ben!!!


AXUDAMOS A MONSTER ( 5º EI )

Subimos a Radio Balea para dicirlle a Monster que xa sabemos que era aquel debuxo que nos deixara no buzón da clase!!!!






vídeo en : sesión radio