22.3.20

SUXERENCIA DE ACTIVIDADE: POÑÁMONOS EN CONTACTO

Bo día, estes días están sendo duros para todos e todas, pois teñen unha grande carga emocional,  así que propoñemos traballar as emocións dos peques e da familia nestes días de cuarentena, a través da realización dun diario, de forma que utilicemos a lectoescritura como ferramenta para expresarnos.


Cada día podedes gravar un pequeno vídeo onde os peques describan como se senten ou cal foi o momento máis alegre/divertido dese día ou do anterior, e apoialo na creación de carteis, para traballar a lecto. Por exemplo, facer un vídeo dicindo que o que máis lle gustou foi facer galletas, e escribir nun cartel a receita e os pasos seguidos, ou ver unha película, polo que teñen que contar por que lles gustou tanto e nun cartel expoñer un debuxo co nome das personaxes. Por suposto, adaptando a actividade ó nivel do neno/a.

Eses vídeos podedes mandalos ó correo da titora e colgarémolos no blogue para que todos/as sigamos en contacto e podan ver ós seus compis. Moitas grazas!!



RECORDAMOS: todo o colgado no blogue son suxerencias 

No hay comentarios:

Publicar un comentario