O alumnado de infantil e 1º ciclo de Primaria xa pasaron polos 5 laboratorios: o científico , o de Radio, o documental, o de ideas e o de imaxe.
Á volta do Entroido, comezamos a seguinte rolda de laboratorios, pero esta vez con actividades distintas e cunha duración de 2 sesións dous mércores seguidos despois da Hora de Ler.
O primeiro grupo xa pasou polo Laboratorio de Imaxe, e esta vez non rescatamos a Serea leo, se non que experimentamos con circuítos eléctricos.
1º SESIÓN
Cada neno/a recibiu unha luz Led e unha batería, probaron a poñer a pata longa da bombilla coa cara positiva da pila e a pata máis curtiña no lado negativo, e descubriron que a luz se encendía.
Despois viron un circuíto xa feito con cobre adhesivo e intentamos facer o mesmo. Neste caso tiñan que conseguir que a Muller científica do debuxo tivera unha idea, pero para iso precisamos que a luz led se iluminara, tendo que colocar o cobre adhesivo polas marcas correspondentes e fixándose onde tiñan que poñer as patiñas da luz e a pila, para o cal tiñan sinaladas dúas marcas: + e -.
Os maiores foron máis rápidos, polo que despois de rematar axudaron ós demais a pegar o cobre e indicarlles como colocar a luz e a pila.
2º SESIÓN
Nesta sesión remataron de facer o circuíto, xa que algúns non funcionaban, e a algúns faltáballe colorear.
Despois xogamos con plastilina conductiva caseira, primeiro probamos con dúas boliñas pequenas , unha luz led e un portapilas, pero tiñan que ter en conta que o cable de cor vermella era o lado positivo e polo tanto iba colocado na boliña de plastilina conectada coa patiña longa da lud led e o cable negro era o negativo e colocábase na boliña coa patiña máis curta.
Tras probar por parellas, decidimos intentar facer un circuíto cheo de boliñas e luces , que por falta de tempo non chegamos a rematar.
O MÁIS CHAMATIVO DE TODO ERA QUE DICÍAN QUE ERA MAXIA,
E NON, É CIENCIA!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario