O traballo na casa para estes días será o seguinte:
ACTIVIDADE: "TODOS CONTAN"
Cando reanudemos as clases faremos sesións de "Todos contan", actividade na que cada neno/a terá que facer unha breve exposición sobre unha temática que lle apasione: dinosaurios, un deporte, as prantas, a cociña, os lobos... Para realizar este traballo terán que facer unha pequena investigación e apoiarse nunha cartolina grande para plasmar o que nos van contar, con debuxos , carteis, indicacións...
É importante que eles teñan un papel moi activo, que decidan a temática, que poñer e como plasmalo na cartolina, que eles debuxen e escriban, e que practiquen a exposición oral.
Cando coñeza o día exacto no que se inicien as clases, colgarei neste blogue o día no que expoñerá cada un.
PARA CALQUERA DÚBIDA MANDARME UN CORREO Á MIÑA CONTA HABITUAL. MOITAS GRAZAS
PARA CALQUERA DÚBIDA MANDARME UN CORREO Á MIÑA CONTA HABITUAL. MOITAS GRAZAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario