Antes da suspensión das clases, en 3 e 4 anos estivemos traballando a reciclaxe. Primeiro fixemos un xogo no que cada un tiña unha tarxeta coa foto dun residuo e tiña que colocala no vertedeiro correspondente. Despois fixemos unha ficha para afianzar o aprendido e se non recordaban en que contenedor iba podían levantarse mirar no xogo anterior. Ao dia seguinte con esas mesmas fotos fixemos un xogo de bee-bot, tiña que sacar unha tarxeta onde estaban os diferentes contenedores e levar o bee-bot o lixo correspondente. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: reciclaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario