O Día das Letras Galegas no presente ano está adicado a Luísa Villalta e dende a aula de 6º de Educación Infantil estivemos traballando a figura desta escritora. 

Traballamos sobre aspectos da súa vida, as súas obras e a implicación social que deixou demostrada no gran activismo que exerceu na busca la liberdade e a igualdade así como a colaboración do movemento NUNCA MÁIS ou o NON A GUERRA de Palestina.
Creamos uns marcapáxinas de Luísa Villalta e preparamos un concurso que presentamos en directo no centro cívico co gallo do FESTIVAL DAS LETRAS, baseado no podcast que presentamos ao VI Concurso de Podcasts Radio na Biblio e que resultou premiado!
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS E TODAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario