A xornada de onte na clase de 6º E.I. estivo adicada a xogos de lóxico-matemática e actividades artísticas. Dividimos a clase en grupos de 3 e realizamos as seguintes actividades:
- Bunny boo: xogo de lóxica no que temos que colocar as pezas no orden no que nos mandan as diferentes fichas.
- Puzle abacedario con forma de can.
- Xogo de numberblocks, estes son os nosos novos amigos que nos axudan a entender as operacións matemáticas, tamén teñen debuxos en español e en inglés moi divertidos.
- Decoramos ovos de pascua de maneira creativa.
- Puzle de mapamundi.
- Actividades cos kapla seguindo os debuxos do libro.
- Diferentes plantillas co tangram.
- Decoramos a nosa foto na Torre de Hércules.
Se queredes ver todas as fotos da xornada podedes pinchar no seguinte enlace: xogos lóxico-matemáticos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario