O venres recibimos a visita de Adriana, a mamá de Olivia, para celebrar de forma adiantada o seu aniversario, xa que para cando cumpla 6 anos estaremos en Primaria.
Contounos a súa historia, o moito que lle gusta estar na casa dos avós, xogando cos animais e enredando na terra!!
Ademais da visita de Adriana, entre todos, describimos á nosa protagonista, Olivia, relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.
MOITÍSIMAS FELICIDADES ADIANTADAS OLIVIA!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario