Seguindo a área de Vida Práctica de Montessori, na que se defende o principio de que temos que axudar ó alumnado a facer as cousas por eles mesmos, non facerllas nós, creamos un espazo na aula dentro do recuncho de encaixes e quebracabezas con materiais da vida práctica.
O venres presentamos estes materiais (que irán cambiando durante o curso en función das necesidades) e os peques rotaban no seu uso, unha vez que sabían o que tiñan que facer.
As actividades realizadas foron as seguintes:
- Colgar no tendal roupa para "secar"
- Utilizar o morteiro para machacar pasta
- Abrir e pechar distintas botellas e envases
- Subir a cremalleira dunha chaqueta, poñer os botóns de clic dun peto e colocar as hebillas dunha sandalia.
- Introducir limpapipas de cores nun escorredor.
- Manipular a táboa con distintas aperturas : variedade de botóns, cremalleira, velcros, cordón, cintos...
- Facer trasbases con pinzas de avelás e noces, e de garavanzos cunha culler.
- Utilizar a vasoira e recolledor para limpar o chan sucio de millo.
Todos/as estiveron moi concentrados/as e pasáronno xenial...
QUE BEN SE SENTEN CANDO SE VEN CAPACES DE FACER AS COUSAS POR ELES MESM@S!!!!
Fotos: VIDA PRÁCTICA
No hay comentarios:
Publicar un comentario