25.11.20

LABORATORIO EXPERIMENTAL ( 4º EI)

Debido á situación sanitaria actual no Concello, no centro decidimos modificar a organización dos laboratorios de aprendizaxe.

 Neste curso, non haberá laboratorios os mércores, nin grupos interniveis, nin mestres impartindo docencia ó alumnado co que non está de forma cotiá.  Aínda así, posto que hai que continuar avanzando e estamos comprometidos cos obxectivos europeos e seguimos a Axenda 2030, realizaremos os laboratorios pero de forma moito máis segura para tod@s.

Para desenvolver os novos laboratorios, cada mes un equipo realizará unha proposta de tarefas creativas para traballar aspectos concretos do seu laboratorio, que se desenvolverán dende cada titoría.


En novembro celébrase o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares, por tanto, o equipo encargado do Laboratorio Experimental, propuxo a realización de experimentos científicos, partindo dunha problemática, formulación de hipóteses, investigación na biblioteca escolar, observación e conclusión.


4º Educación Infantil

 Despois da hora de ler, realizamos unha asemblea na que lle preguntamos ós peques porque era importante lavar tanto as mans, xa que botamos xel e lavamos con xabón as mans varias veces cada día. Algunhas das súas respostas foron: porque os bichiños pican no pelo, para que as mans estean limpitas, porque o xel non se pon nos ollos, porque está o coronavirus, o coronavirus é moi pequeniño, o coronavirus na praia picoume un montón...

Aínda que tiñan respostas bastantes axustadas, non houbo un acordo entre tod@s, e posto que as profes tampouco sabiamos, decidimos ir á biblioteca a investigar. Primeiro tivemos que coñecer a CDU, os debuxiños que indican onde están situados os distintos libros de consulta, para saber onde estaban os relacionados coa ciencia. Despois agrupámonos por parellas para buscar nos libros, ata que un neno atopou un papel nun libro no que explicaba que os virus teñen medo ó xabón e fuxen de el. Como tamén aparecía un experimento, decidimos que o día seguinte o faríamos.

Nesta dinámica, vimos como a pementa pégabase ó dedo e se fora un virus ó meter o dedo na boca o virus poñeríanos enfermos, sen embargo, ó mollar o dedo en xabón e tocar a pementa, esta fuxía. Polo que chegamos á conclusión de que sí: OS VIRUS TEÑEN MEDO Ó XABÓN,  e para evitar enfermar de coronavirus é IMPORTANTE lavar as mans.


Experimento Científico 

No hay comentarios:

Publicar un comentario