Ola familias!
Neste curso
escolar, dadas as circunstancias e situación sanitaria actual, decidiuse
modificar a organización dos laboratorios de aprendizaxe.
Así, cada mes
poñeremos en práctica un laboratorio que desenvolverá cada titoría co seu grupo
de alumnos/as.
No mes de
Novembro levamos a cabo o laboratorio experimental.
En asemblea
xurdiu a curiosidade de investigar sobre o auga e as súas cores. Ante a situación decidimos
experimentar e descubrir que lle pasa á auga cando se introduce no conxelador e
se deixa alí varios días. Tamén, quixemos investigar o que pasaría se ademais
de introducir a auga no conxelador lle engadimos colorante de diferentes cores.
Moitas foron as hipóteses que os nenos/as aportaron ante a problemática xurdida: a auga convertirase en xeo, poñerase dura, estará fria, non se poderá beber, convertirase nun arco da vella, convertirase en xeo de cores...
- - Para descubrilo, visitamos a biblioteca de centro e alí consultamos diferentes libros de experimentación. Atopamos un moi interesante, “Los experimentos del agua”, aínda así, non conseguimos unha resposta precisa.
Entón, que podemos facer? EXPERIMENTAR
Agora si, concluímos: Xeo de cores!
No hay comentarios:
Publicar un comentario