Estas semanas seguimos traballando o recoñecemento da inicial do noso nome, e para iso realizamos varias actividades, algunhas delas son as seguintes:
1. PLANTILLAS: primeiro realizamos a nosa inicial con plastilina, e despois utilizando unha pantilla individual e personalizada, intentamos trazar a nosa inicial con rotulador, fixemos o camiño da nosa letra con millo e rematamos realizando a inicial con arxila branca.
2. COLGANTES: pintamos as letras realizadas con arxila branca e creamos uns colares chulísimos.
3. MEMORY: xogamos ó clásico xogo do Memory, no que ós peques tiñan que atopar as súas iniciais.
4. MESA INTERACTIVA: usamos a mesa interactiva multitáctil que collemos de empréstito do Leolab, para realizar o trazo da inicial do noso nome, bucando primeiro a nosa letra entre todas as do abecedario.
5. PINTAMOS: utilizando os pinceis, cada peque trazou a súa inicial seguindo o camiño, obras que agora decoran a nosa clase.
6. MESA DE LUZ: trazamos a nosa inicial sobre a mesa de luz con café no Leolab.
Pinchando en cada actividade podedes ver as fotos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario