Comezamos este trimestre repasando os sentidos, e para iso pasamos por 5 obradoiros:
Sentido do gusto: metimos un dedo en sustancias misteriosas: cacaco, azucre, aceite, fariña e vinagre, pero cos ollos pechados e tivemos que adiviñar que era o que estabamos probando.
Sentido do olfato: ulimos varias cousas e clasificamos as que nos gustan e as que non.
Sentido do tacto: pasamos descalzos por un camiño con distintas texturas e xogamos coa caixa máxica: metendo a man e sen sacar o obxecto tiñamos que describilo: liso, rugoso, áspero, suave, duro ou brando, e adiviñar que era.
Sentido da vista: xogamos cun libro con efectos visuais, outro escrito en braille e probamos a debuxar algo cos ollos tapados.
Sentido do oído: escoitamos varios sons e tivemos que tachar nunha folla o debuxo correspondente ó son, pero tiñamos que estar moi atentos, xa que había máis debuxos que sons.
No hay comentarios:
Publicar un comentario