Esta semana xa rematamos de crear ó noso virus ENFADADITIS. Para isto, decidimos entre todos que forma tería e gañou círculo, tamén votamos a cor e houbo moita competencia entre o rosa e vermello, pero gañou este último.
Despois determinamos que partes tería: ollos, patas, nariz, boca, cola e pinchos. Fixemos grupos de traballo por parellas, de forma que cada unha se centrara na creación dunha parte, e unha vez todo organizado, marchamos ó Leolab, onde deron moita conta da súa imaxinación e creatividade para converter e reutilizar restos de materiais nunha obra de arte.
E ASÍ NACEU ESTE ENFADADITIS TAN SINGULAR E MONSTRUOSO!!!
O ENFADADITIS
No hay comentarios:
Publicar un comentario