Esta semana, por fin, comezamos a dinámica de repartir responsabilidades semanais. Unha delas é a maleta Vaca, que contén xogos viaxeiros, pero como é distinta ós xogos do curso pasado, dedicamos unha sesión a xogar en pequenos grupos cos materiais que irán por todas as casas.
Esta vez inclúe o xogo do Equilibry, no que hai que colocar pezas pequenas enriba dunha máis grande que se balancea sen que caian as demáis, utilizando dous dados que indican que peza e en que base temos que colocala, o xogo do Dominó , o libro Mis robots en Pijamarama que utilizamos nos recunchos dos sentidos e querían volver a utilizar, xa que permite ter ilusións ópticas, o xogo da Palabra Oculta, no que colocando a inicial de cada debuxo proposto descubrirán as palabras agochadas e un xogo de sumas e restas.
A MALETA VACA
No hay comentarios:
Publicar un comentario