Como xa sabedes formamos parte do programa "Recíclate con Sogama" e este mes estivemos traballando a reciclaxe de distintas maneiras. O primeiro contacto foron as charlas que recibimos por parte dos nosos compañeiros/as máis maiores que nos ensinaron como empregar os caldeiros verde, amarelo e azul que agora tíñamos na clase e resolveron todas as nosas dúbidas (fotos).
Despois vimos un capítulo dos Storybots, que nos gustou moito de porque tíñamos que reciclar e traballamos con dous libros da nosa biblioteca cos que tamén aprendimos moitas cousas, Yared e a reciclaxe e Que le pasa al planeta?. Neste último libro explícanos a importancia que teñen os nosos pequenos actos para o planeta e como axudarlo a mellorarlo. A partir de ahí estivemos pensando diferentes cousas que cada un de nos podíamos facer, pero como tamén estabamos a traballar a paz, ocorréusenos reutilizar materiais e facer unha pomba con materiais reciclados. Unha pomba que loita contra a guerra e neste caso, contra a guerra dos plásticos, así que empregados as botellas de auga que terminamos na merenda, os tapóns de plástico, as palliñas... e creamos a nosa ECOPOMBA.
Os nosos compañeiros do 1º ciclo de E.P. colaboraron creando as nubes con mensaxes de paz e os símbolos da paz con tapóns reciclados. Podedes ver todas as imaxes do proceso premendo no seguinte enlace: ecopomba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario