O luns, todo o ciclo de educación infantil visitamos o Aquarium de A Coruña, como actividade dentro do Proxecto do Mar. Comezamos a visita baixando ó Nautilus, onde vimos o Tiburón toro Gastón, outros tiburóns máis pequenos, rodaballos, besugos... Escoitamos o canto dunha balea, visitamos o resto dos acuarios onde había medusas, polbos, mexilóns, pepinos de mar, peixes paiaso, cabaliños de mar, cigalas, langostas, morenas, congros, rubios, tocamos as estrelas de mar, vimos ósos de balea, fixemos un percorrido pola exposición de obras de artes feitas co lixo que chega ás praias... Foi unha saída moi divertida!!!
https://photos.app.goo.gl/pnqdryQZCxKkLFit1
No hay comentarios:
Publicar un comentario