Onte o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil visitamos a Área Recreativa de Gabenlle,
Xa dende a primeira hora estaban tod@s moi ilusionad@s, facer saídas encántanos!!!!!
Cando chegamos, tras deixar as mochilas, paseamos polo camiño do bosque onde colleron, tocaron e manipularon un montón de elementos naturais, ulimos os eucaliptos, observamos bolboretas, escoitamos a auga do río e os paxariños, descubrimos as arañas de río, os círculos das árbores que indican a idade dos mesmos, o que as profes chamamos bágoas de crocodrilo..., e todo o ambiente natural provocou moitas preguntas: por qué algunhas árbores estar torcidas? por qué hai follas de tantas cores? Que son estas sementes? Por qué pican as ortigas? Por qué non se poden tocar as ás das bolboretas? Un sinfín de preguntas que darían para comezar un novo proxecto se non rematase o curso.
Tras realizar esta caminata fomos á zona do merendeiro e, tras recoller todo o lixo para non contaminar, rematamos a xornada xogando no parque.
Foi un día marabilloso, pasámolo en grande, sen dúbida repetiremos!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario