Continuando o noso proxecto, visitamos o laboratorio de ciencias, alí atopamos un oído coa parte externa e interna, e levámolo para a clase, e tamén un esqueleto grande, así que miramos, tocamos, e intentamos contar cantos ósos temos.
Laboratorio de Ciencias
Como contar tantos ósos foi moi complicado, visitamos a biblioteca para buscar información sobre a cantidade de ósos, e de paso ver cal era o máis longo, xa que grazas ás aportacións de Juan Luis, sabemos que o máis pequeno é o estribo que está no oído.
Biblioteca
Tamén no Leolab, intentamos facer esqueletos coas pezas de Kappla.
LEOLAB
Descubrimos a importancia do noso corpo a través de dous vídeos:
QUE FARIAMOS SEN COLUMNA VERTEBRAL!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario