22.12.22

Nadal en 6º E.I.

 Este ano o Nadal veu cargadiño de actividades, polo que podedes ver a galaría de imaxes premendo nos seguintes enlaces:

  • Decoramos a nosa árbore de Nadal con triskeis, símbolo xeométrico celta, gracias a axuda das familias, traendo a clase verdadeiras obras de arte.

TRISKEL


  • Cada aula realizou un photocall navideño con palabras en galego para a festa de Nadal e nos aproveitamos para sacar unha foto con quen quixemos da clase, cada alumno/a elixiu con que quería sacar a foto e ademais a levamos de agasallo na postal de Nadal.

PHOTOCALL NAVIDEÑO


  • Fixemos dúas cartas, a primeira para escribir e debuxar o que lle pedíamos a este Nadal, e moitos deles pediron Xogar en familia ou facer cousas cos seus mellores amigos/as. Tamén fixemos a carta aos Reis Magos pero sen pedir máis de tres agasallos, porque ao final chegamos a conclusión que xa tíñamos moitos.

CARTAS DE NADAL


  • O martes 20 de decembro, as súas Maxestades, os Reis Magos, fixeron unha visita ao centro

VISITA DOS REIS MAGOS


  • O mércores todo o cole fomos de visita ó cine en Carballo. O ciclo de infantil e 1º e 2º de EP, vimos a película " Parque Salvaje". 

SAÍDA AO CINE

  • E o último día celebramos a Festa de fin de ano, con Karake con cancións en galego, campanadas e lotería de nadal.

FESTA DE FIN DE ANO - Galeoke

No hay comentarios:

Publicar un comentario