Para rematar este trimestre e dentro do noso Proxecto sobre a Prehistoria, descubrimos as pinturas rupestres.
Un día na asemblea falando sobre este tema decidimos converter a nosa aula nunha cova prehistórica, e para iso necesitamos decorar a porta de entrada con arte rupestre. Para poder realizar esta tarefa precisabamos de materiais naturais para pintar, así que fixemos unha relación de cousas que poderiamos utilizar e que pintaran de cor vermella, marrón, laranxiña..,
Así que hoxe, na aula multisensorial, comezamos a nosa actividade creativa. Utilizando agua, canela, orégano, pementa, colorante alimentario laranxa, vermello e amarelo creamos as nosas mesturas, utilizando morteiros, botes e pinceis para mesturar e contagotas.
Foi unha actividade moi divertida, Como nos gusta mancharnos!!!
Cando a entrada á nosa cova estea colocada ensinaremos o resultado!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario