Este curso, para a celebración dos aniversarios, e dentro do Proxecto Educa-tribo, convidamos ás familias ó cole a ler a súa historia do libro viaxeiro para toda a clase.
O libro viaxeiro marchou a casa de Uxía, que estivo de volta onte, pero aínda non é o seu aniversario, así que ata o próximo setembro non terá 6 anos!!
Verónica, a súa mamá, e Uxía nos contaron a historia da súa vida, na que vimos que Uxía é unha amante dos animais e fai un montón de actividades divertidas: natación, montar a cabalo, patinaxe...
Ademais da visita de Verónica, entre todos, describimos as calidades da protagonista relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario