23.10.22

EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): LIBRO VIAXEIRO DE VALENTINO( 6º EI)

Este curso, para a celebración dos aniversarios, e dentro do Proxecto Educa-tribo, convidamos ás familias ó cole a ler a súa historia do libro viaxeiro para toda a clase.

O libro viaxeiro marchou a casa de Valentino, que xa ten 5 anos!!!!! 

O venres estivo de volta da man de Vania, a súa mamá, e ambos nos contaron a historia da vida de Valentino e da súa familia. E cando estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas.








O día da celebración do aniversario, entre todos, describimos as calidades do protagonista relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.




MOITÍSIMAS FELICIDADES VALENTINO E GRAZAS POLOS AGASALLOS!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario