5.10.22

O XOGO DE LEO ( 6º EI)


 


A pasada semana recibimos esta mensaxe da serea Leo, así que na aula sensorial dedicámonos a buscar as pezas deste puzzle. En varias ocasións intentamos montalo pero non podiamos, polo que deducimos que aínda faltaban pezas. Cando as atopamos todas e montamos a puzzle descubrimos unhas ferramentas que parecían moi antigas, así que pensamos... De quen serían? Dixeron moitas cousiñas interesantes e saíu o tema da era prehistórica, polo que... Quen foron os primeiros homes e mulleres en habitar Galicia?


Premer na imaxe para acceder á galería


Para realizar esta asemblea subimos á Radio  Balea, onde os peques deron a súa opinión e as súas ideas sobre os primeiros habitantes de Galicia: os cabaleiros, Rosalía de Castro, os deuses, os vaqueiros, indios, vaqueiros italianos, os ricos, os pobres...





Tamén o venres pensamos que alguén da contorna podería saber de quen son as ferramentas que atopamos, así que buscamos por internet e atopamos o Dolmen de Dombate, un lugar ó que algúns nenos/as xa foron, así que decidimos ir ata alí para ver se alguén nos pode axudar, e xa de paso visitaremos o castro de Borneiro.







No hay comentarios:

Publicar un comentario