6.10.22

EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): LIBRO VIAXEIRO DE ALBERTO ( 6º EI)

 Este curso, para a celebración dos aniversarios, e dentro do Proxecto Educa-tribo, convidamos ás familias ó cole a ler a súa historia do libro viaxeiro para toda a clase.

O libro viaxeiro marchou a casa de Alberto, aínda que cumple 6 anos o próximo verán, e hoxe estivo de volta da man de Paula, a súa mamá e de Alba, a súa irmá. Entre os tres nos contaron a historia da vida de Alberto e algunhas das súas experiencias máis divertidas e sorprendentes. 






O día da celebración do aniversario, entre todos, describimos as calidades do protagonista relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e, se el está conforme, as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.






MOITÍSIMAS GRAZAS POR VIR Ó COLE E COMPARTIR CONNOSCO A HISTORIA DE ALBERTO!!!!



ALBERTO MOITÍSIMAS FELICIDADES SUPERADIANTADAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario