- O XARDÍN EN PRIMAVERA:
- Debuxamos un trociño de herba, tiramos un dado e anotamos o número nesa herba, e despois debuxamos tantas flores como indica o dado, así relacionamos grafía e cantidade.
- Facemos esta acción ata encher a folla.
- Podemos decorar cada flor que distintos grafismos: raias, caracoliños, puntillismo, ondas...
Para rematar escribimos a palabra Primavera, contamos cantas letras ten, o meu nome ten máis ou menos letras que Primavera? Cantas faltan ou sobran?
- O XOGO DOS BOLOS
- Trátase de xogar ós bolos de forma clásica, se non tedes bolos podedes utilizar rolos de papel, botellas valeiras...
- Cada xogador tira os bolos, e nunha táboa anota a o número de bolos que tirou, tras a primeira rolda , rodeamos o número máis alto, e así ata que acabemos a partida. Para saber quen gaña soamente temos que contar a cantidade de roldas que gañou cada un.
- CORCHO CALCULÍN
- Como a suma como operación non a traballamos demasiado e non se adapta ós máis pequenos/as, podemos facer o mesmo pero por cada número que saia, debuxar a cantidade en paíños ou bolitas, e depois contar a totalidade para saber quen ten máis.
- Podedes adaptar o panel de números e cantidade de veces que tirades o dado para que ós peques lles resulte máis sinxelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario