16.4.20

PROPOSTA DE LECTOESCRITURA

- BINGO DE LETRAS

Podedes crear un bingo, que eles/as fagan os carteis ou as táboas escribindo as letras neles e tamén nas"boliñas" ( poden ser trociños de papel, letras imantadas...o que teñades en casa).
Para xogar, o que saca a boliña, pode dicir o nome da letra ou o son da mesma, aínda que todo dependerá do nivel individual.
Para os máis peques, o bingo pode estar composto únicamente por vogais ou letras do seu nome.


-MEMORY

Este é o clásico xogo de cartas que están boca abaixo, e temos que ir destapando unha a unha para atopar as que son iguais. Neste caso podemos facer o noso propio memory debuxando as cartas por un lado coa palabra memory e polo outro con palabras que eles queiran. Para os máis peques podemos adaptar o xogo facendo debuxos que teñen que ser iguais e escribir a inicial pola que comezan, sendo interesante que haxa cousas que comezen pola inicial do seu nome.

No hay comentarios:

Publicar un comentario