As mestras queremos darvos todo o noso apoio, entendemos que todos vivimos unha situación extresante e incerta, e que cada familia pasa por situacións diversas. Neste tempo de confinamento é normal que os peques podan estar máis sensibles, que choren con máis facilidade, ou que estean máis irritables e irascibles, que non sexan capaces de concentrarse en nada, máis nerviosos e alterados, que queran facer varias cousas ó mesmo tempo ou que non lles motive nada, e soamente queran estar deitados no sofá vendo a televisión.
Os nenos e nenas de infantil non teñen suficientes ferramentas emocionais para saber autoxestionarse e entender como un adulto o que está pasando, tampouco teñen adquirida a noción de tempo coma nós, polo que este tempo de corentena ten que ser para eles unha eternidade.
Sabemos que é duro, pero respirade e intentade manter a calma, as nosas emocións contáxianse e se estamos tranquilos é máis doado axudar a que eles tamén o estean. Hai unha frase que nos gusta moito: " O dificil de educar a un neno/a non é controlar a súa conducta, e regular a nosa propia"
Ante esta situación, imos dar varias proposta. Como sabedes, en infantil traballamos por proxectos, pero non deixa de ser unha pequena parte de todo o que facemos, así que recomendamos que sigades realizando outras actividades que son entretidas e motivadoras para seguir aprendendo, dentro da situación persoal e familiar que estades vivindo. Damos algúns exemplos para facer con ou en vez do proxecto de arte:
CONTOS: ler e contar contos, crear historias, inventar finais de contos coñecidos...non sempre ten que haber un resultado final, pódese facer de forma oral, ou plasmalo .cun debuxo, creando un libro... Con este tipo de actividades favorecemos a expresión oral,a imaxinación, a ampliación de vocabulario, animación á lectura..
XOGOS DE MESA: xogando ó parchis, á oca, ó dominó, ó quién es quién, xogos de dados...seguimos traballando a lóxica matemática, o conteo, as cantidades, o razoamento...
MÚSICA: a música ten un grande poder para influir nas emocións, bailar, crear coreografías, poñer música para cambiar o estado de ánimo... grazas a música podemos mellorar a concentración, a expresión corporal e a coordinación de movementos, a memoria...
ACTIVIDADE FÍSICA: en casa podemos, ademais de bailar, facer yoga para volver á calma, circuítos para manter o equilibrio, para subir, baixar, correr, saltar, reptar, xogar a imitar movementos, parar como estatuas cando pare a música... con estos exercicios mantemos unha boa saúde corporal e psicolóxica,aprenden a regular o exceso de enerxía canalizando os impulsos, toman conciencia do seu corpo, mellora a autoestima...
COCIÑA: cociñar supón para os/as peques unha actividade divertida, na que traballan a forza nas mans, a psicomotricidade fina, a lectroescritura ó ler ou escribir a receita, aprenden as cantidades e ademais é moi gratificante pois crean un produto final.
MOITO ÁNIMO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario