Na última semana o alumnado de infantil realizamos unha Gymkana. Organizamos catro obradoiros: cruzar unha ponte colocando bloques entre todos, encestar a pelota no barco, un circuíto e un xogo de carreiras O alumnado distribuíuse en catro grupos: o amarelo, verde, vermello e azul, e despois de facer cada obradoiro recibiron unha peza dun puzle, unha vez que xuntaron as 4 pezas do puzles, puideron ver en que parte do cole estaban agochados os catro tesouros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario