Tras traballar a importancia de coidar o noso mar, subimos ó corredor de arriba do cole para ver os murais e a reutilización que fixeron os maiores de materiais plásticos na creación de obras artísticas. Despois visitamos a aula onde están as crebas que as familias trouxeron a comezos de curso, e todas as recollidas nas visitas do alumnado ás distintas praias, como as que nós recollemos na praia de Seiruga, e unnha caixa metemos algunhas das crebas que pensamos que poderían ser susceptibles de converterse nunha obra de arte. En clase miramos, clasificamos, tocamos e pensamos que poderiamos facer coas crebas, así que no Leolab, dividimos a clase en 5 grupos pequenos, e cada un deles utilizando os materiais que consideraron, crearon obras artísticas moi orixinais resultado do traballo en equipo.
Unha vez rematadas as obras , cada grupo tivo que chegar a un consenso para elixir o nome da súa creación, así temos: O peixe Lúa, o peixe Tiburón, o crocodrilo zampón, a Billa corococón e a cana de pescar.
ARTE CON CREBAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario