O venres Valentina cumpliu 5 anos, e como seguimos cunha semana calurosa decidimos facer unha macedonia de froitas.
Na cociña lavamos as mans, cortamos as froitas: amorodos, melón, sandía e plátano, e exprimimos 5 laranxas que incorporamos ó conxunto, ademais de botarlle un pouco de azucre. Despois a protagonista, tras pedir un desexo, soplou as 5 velas, mentres lle cantamos cumpleaños feliz. Degustamos a nosa receita, e a pesar de que varios repetiron a macedonia que estaba boísima, o melón non tivo moito éxito.Tras recoller a cociña, regalámoslle a Valentina bicos e apretas, e ela trouxo un agasallo para toda a clase: caixas de témpera sólida de varias cores. Rematamos bailando todos xuntos.
Moitísimas grazas pola sorpresa e feliz aniversario!!!!
Aniversario de Valentina
No hay comentarios:
Publicar un comentario