A clase de 6º de Educación Infantil quere desexarvos a todos unhas felices festas e boa entrada no novo ano.
23.12.22
22.12.22
Nadal en 6º E.I.
Este ano o Nadal veu cargadiño de actividades, polo que podedes ver a galaría de imaxes premendo nos seguintes enlaces:
- Decoramos a nosa árbore de Nadal con triskeis, símbolo xeométrico celta, gracias a axuda das familias, traendo a clase verdadeiras obras de arte.
- Cada aula realizou un photocall navideño con palabras en galego para a festa de Nadal e nos aproveitamos para sacar unha foto con quen quixemos da clase, cada alumno/a elixiu con que quería sacar a foto e ademais a levamos de agasallo na postal de Nadal.
- Fixemos dúas cartas, a primeira para escribir e debuxar o que lle pedíamos a este Nadal, e moitos deles pediron Xogar en familia ou facer cousas cos seus mellores amigos/as. Tamén fixemos a carta aos Reis Magos pero sen pedir máis de tres agasallos, porque ao final chegamos a conclusión que xa tíñamos moitos.
- O martes 20 de decembro, as súas Maxestades, os Reis Magos, fixeron unha visita ao centro
- O mércores todo o cole fomos de visita ó cine en Carballo. O ciclo de infantil e 1º e 2º de EP, vimos a película " Parque Salvaje".
- E o último día celebramos a Festa de fin de ano, con Karake con cancións en galego, campanadas e lotería de nadal.
20.12.22
EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE UXÍA ( 6º EI)
Este curso, para a celebración dos aniversarios, e dentro do Proxecto Educa-tribo, convidamos ás familias ó cole a ler a súa historia do libro viaxeiro para toda a clase.
O libro viaxeiro marchou a casa de Uxía, que estivo de volta onte, pero aínda non é o seu aniversario, así que ata o próximo setembro non terá 6 anos!!
Verónica, a súa mamá, e Uxía nos contaron a historia da súa vida, na que vimos que Uxía é unha amante dos animais e fai un montón de actividades divertidas: natación, montar a cabalo, patinaxe...
Ademais da visita de Verónica, entre todos, describimos as calidades da protagonista relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.
19.12.22
CUENCOS PREHISTÓRICOS ( 6º EI)
A pasada semana realizamos un obradoiro de "cerámica", no que o alumnado creou cuencos prehistóricos con arxila branca. Despois de darlle a forma e decorar con punzóns, deixamos secar.
Esta semana queriamos pintalos pero non chegamos a tempo, polo que vos convidamos a facelo durante as vacacións de Nadal!!
O que todavía non saben é que eses cuencos irán para casa con agasalllos!!!
15.12.22
RECUNCHO MINIMUNDOS ( 6º EI)
Este curso dentro do recuncho de minimundos, os peques seguen creando auténticas obras de arte que queremos compartir con tod@s!!!
COVA PREHISTÓRICA ( 6º EI)
Hoxe comprobamos que o papel que pintamos onte coas diferentes mesturas xa estaba seco, e observamos que falta algo de cor negra, polo que utilizando ceras brandas realizamos máis pinturas rupestres.
E desta forma quedou a nosa cova!!!!
Nadal na Aula Sensorial (6º E.I.)
Hoxe fumos a celebrar o Nadal na Aula sensorial e en parellas realizamos as seguintes actividades:







