31.3.23

Xogos lóxico-matemática (6º E.I.)

 A xornada de onte na clase de 6º E.I. estivo adicada a xogos de lóxico-matemática e actividades artísticas. Dividimos a clase en grupos de 3 e realizamos as seguintes actividades:

- Bunny boo: xogo de lóxica no que temos que colocar as pezas no orden no que nos mandan as diferentes fichas. 

- Puzle abacedario con forma de can.

- Xogo de numberblocks, estes son os nosos novos amigos que nos axudan a entender as operacións matemáticas, tamén teñen debuxos en español e en inglés moi divertidos.

- Decoramos ovos de pascua de maneira creativa.

- Puzle de mapamundi.

- Actividades cos kapla seguindo os debuxos do libro. 

- Diferentes plantillas co tangram.

- Decoramos a nosa foto na Torre de Hércules.

Se queredes ver todas as fotos da xornada podedes pinchar no seguinte enlace: xogos lóxico-matemáticos.




28.3.23

AULA SENSORIAL ( 6º EI, 1ºEP)

 Hoxe o alumnado de 6º de infantil xunto co de 1º de Primaria compartimos unha sesión de aprendizaxe na aula multisensorial.


Neste espazo rotaron polas diversas porpostas: 

- Creación de minimundos con teas e obxectos con cores primaverais.

- Recortado de flores para o mural de Preescritura con Arte.

- Simetrías: pintado con témperas da metade dunha bolboreta para ó doblar a folla ver a simetría.

- Pintado con rotuladores de óvos de Pascua.

- Xogo no retroproxector con tubos decorados con elementos da primavera.

- Creación de mandalas de primavera con tapóns de botellas.

- Na mesa de luz conteo e asociación de número e cantidade.

- Grafismo creativo no Mural de Preescritura con Arte.




QUEN BEN O PASAN FACENDO ACTIVIDADES INTERNIVEIS!!

27.3.23

EXCURSIÓN A CORUÑA ( 6º EI)

 O venres, como actividade final do noso Proxecto Os Castrexos, realizamos unha visita ó     Castelo de San Antón en Coruña.

Alí vimos un  montón de cousas prehistóricas que nos chamaron moito a atención: a reproducción dun barco prehistórico, a punta de frechas, espadas e coitelos, cintos de ouro, torques impresionantes...ademais coñecimos moitas cousas da chegada dos romanos, como que trouxeron as moedas, o vidro, as tellas, debaixo da rúa Real de Coruña hai un cemiterio romano...


A visita foi moi interesante, especialmente o pozo ou cisterna, un espazo onde os habitantes do Castelo gardaban a auga potable.


Despois merendamos na Torre de Hércules, e a pesar do aire,l pasámolo xenial.



21.3.23

DOS CASTREXOS ÓS ROMANOS II (6ºEI)

 Onte visitamos a biblioteca para atopar información sobre os romanos en Gallaecia.

Primeiro analizamos a CDU para intentar saber en que parte dos libros de consulta se atopaban os relacionados coa historia ou Galicia, despois buscamos o debuxiño nas estanterías e as profes seleccionamos varios que poderían ser interesantes.


Nas mesas e por grupos revisamos as pegadas dos romanos en Galicia e nos levamos prestados para clase os que máis nos interesaron.



Premer na imaxe para acceder á galería


15.3.23

DOS CASTREXOS ÓS ROMANOS I ( 6º EI)

Trala visita de Ana  Romero descubrimos que os Romanos estiveron en Galicia, así que lle pedimos ó alumnado de 1º de Primaria que nos dera algo de información sobre este asunto.


Hoxe na biblioteca escoitamos a súa presentación e descubrimos un montón de cousas: os romanos trouxeron as moedas, as calzadas romanas, novas técnicas para extracción de ouro... E deixaron grandes pegadas: a Muralla de Lugo, as termas de Ourense e a Torre de Hércules en Coruña, lugar que visitaremos na seguinte saída!!





MOITAS GRAZAS Ó ALUMNADO DE 1º EP!!





14.3.23

EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE BRAIS( 6º EI)

 

O domingo foi o aniversario de Brais,por iso o luns recibimos a visita de Eva e Ricardo, a súa nai e o seu pai, para celebrar que xa ten 6 anos!!! 

Contounos a súa historia, o moito que lle gustan os dinosaurios e construír cos LEGOS!! Ademais de que protexe e coida moito a súa irmá pequena.








Cando este libro estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas, aínda que teredes que esperar ata o próximo curso!











Ademais da visita de Eva e Ricardo, entre todos, describimos ó noso protagonista, Brais, relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.










MOITÍSIMAS FELICIDADES BRAIS, 6 AÑAZOS!!!!!









8.3.23

Mulleres Imprescindibles: Ana Romero Masiá (6ºEI)

Onte recibimos a visita da arqueóloga Ana Romero, como muller imprescindible galega, polo que realizamos unha xuntanza na Biblioteca co alumnado de 5º e 6º de E. Primaria para falar con ela. O alumnado fixo un montón de preguntas e foi unha actividade moi motivadora e divertida, xa que previamente traballáramos na clase todo o que lle queríamos preguntar.



O que máis nos sorprendeu é que os Dolmens son case 3000 anos máis antigos que os castrexos, polo que todavía ninguén sabe onde vivían as persoas que construíron os Dolmens nin que facían os Castrexos cos falecidos. Ademais no castro de Borneiro todavía queda moito por excavar e por descubrir!!!!!

Despois o alumnado de 6º de EI subiu a Radio Balea onde fixeron unha pequena entrevista á arqueológa e transcribiron a súa biografía. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Ana Romero.



Aprendimos un montón de cousas, moitísimas grazas ANA!!!!!!!!!!!!!

Aquí tedes a entrevista e o traballo realizado para o Día da Muller sobre Ana Romero.