Na clase de 5º de Educación Infantil esta semana estivo dedicada á celebración do Samaín. Realizamos moitas actividades: cociñamos momias e pantasmas, xogamos ao bingo de cousas de samaín (que lles encantou), realizamos a nosa propia marioneta, tivemos o taller de decoración de cabazas coas familias, fumos á aula sensorial e lemos contos con lanternas, fixemos pócimas de bruxas, rescatamos insectos pringosos... podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: samaín.
Tamén participamos na Semana de Lecturas Terroríficas organizadas pola equipo de Biblioteca, coa interpretación do conto Loboferoz, podedes ver o vídeo premendo na imaxe.

No hay comentarios:
Publicar un comentario