Hoxe todo o ciclo de Educación Infantil fomos de excursión a granxa-escola O ventoso en Laracha. Realizamos moitas actividades relacionadas cos animais, os seus coidados e a vida na granxa. Comezamos elaborando o noso boliño de pan, que ademais despois levamos para casa, a media mañá merendamos unha rica froita e bebemos auga que nos deron na granxa. Continuamos montando o poni, chamado Caramelo, que nos encantou e se portou xenial con el, ademais de coñecer os establos e todos os seus coidados. Por último, visitamos o resto de animais da granxa, a porca Pepa, o can Lucas, a ovella e as cabras, o coello pompón, as codornices, as galiñas, os patos, o pavo real... Rematamos a xornada comendo na área recreativa de Gabenlle e xogando no seu parque. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: granxa-escola.

No hay comentarios:
Publicar un comentario