1. Asalto literario en Malpica: os nenos e nenas de 4º e 5º Infantil xunto co alumnado do IES Urbano Lugrís tiveron unha sesión de contacontos, onde os maiores lle contaron varias historias os máis pequenos, repartidos en grupos de tres.
Sofía contoulle a Clara, Gabriel e Izan a Xoaniña Rosmona.
Brais a Martín Cousillas, Benito e Dania o conto de Troco.
Manuel contoulle a Martín Martelo, Xulia e Leo o conto de Mosquito.
Paula e Sergio contoulle a Valentina, Anna e Martina o conto de Rita.
Alba contoulle a Marcelo, Antía e Rita o conto de Un gato na árbore.
Anxo contoulle a Alba, Saúl e Breixo o conto de Ségueme.
Paula contoulle a Izan, Noa e Noel o conto de As aventuras de osiño.
Rematada a sesión, merendamos e xogamos no parque una anaco, e antes de marchar agasallamos ós nosos contacontos con caraveis. Moitísimas grazas !!!! .
Día do Libro no parque de Malpica
2. Unha eiruga moi larpeira: tras traballar os vermes de seda dentro do Proxecto de China, fixemos un pequeno libro para levar esa semana.
3. BOOKTUBERS: Fixemos unha asemblea para falar dos nosos contos favoritos, fomos á biblioteca a buscalos (moitos peques coincidan no mesmo) e despois fixemos no Chroma unha sesión de booktubers, recomendado a lectura do noso conto.
Untitled from bemilladoiro on Vimeo.
Untitled from bemilladoiro on Vimeo.
4. Inventamos o conto: A tartaruga Pili.
Utilizando as palabras Tartaruga, Mar e Plástico, inventamos a historia dunha tartaruga que tivo un percance no mar por culpa dos plásticos. Escollemos o nome de Pili a partir dunha votación entre varias opcións propostas polos peques. En breves serán eles mesmos quen conten a historia que xa está rematada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario