23.5.19

ANIVERSARIO DE SAÚL ( 5º EI)

Onte celebramos o aniversario de Saúl, aínda que ata agosto non ten 5 anos. Coma sempre fomos á cociña, onde tras lavar as mans e vaciar o lavavaixelas, comezamos a facer as piruletas de pantasmas: partimos o chocolate e botamolo nunha pota, engadimos un pouco de leite e removemos moito para que non se pegara. Despois collemos cada trociño de plátano e mollámolo no chocolate, puxemos lacasitos brancos como se foran ollos e metemos todo no conxelador. Na clase regalámoslle a Saúl bicos e apretas , soplou as velas despois de pedir un desexo e de cantarlle, probamos as piruletas que estaban boísimas aínda que non deron o resultado que esperábamos, e rematamos bailando por toda a clase. Moitísimas felicidades Saúl, en agosto xa terás 5 anos!!!!



Aniversario de Saúl

No hay comentarios:

Publicar un comentario