Neste curso, o Día da Paz no cole, celebrouse partindo da idea de Unión de Pobos a través do Mar, polo que propúxose dende a Biblioteca Escolar o contacto con algún cole con cultura distinta á nosa.
Na nosa clase viaxamos a Colombia, e posto que estamos no proceso de axudar a Serea Leo a coñecer os animais mariños, decidimos contactar con algún cole de Colombia para que colaborasen connosco no noso Proxecto de Investigación.
Dende hai pouquiños días temos un novo espazo escolar, A Radio Balea ( nome escollido a través dunha votación na que participou todo o alumnado do centro), así que subimos toda a clase a este espazo, collimos os micros, probamos a facer gravacións, puxemos os cascos, respectamos o turno de palabra... Unha vez familiarizados coa Radio, utilizamos un podcast para contactar con El Jardín El Prado, unha escola infantil de Colombia. Aínda que todos participamos nas asembleas para ver que cousas queríamos preguntarlles , soamente subiron a facer o podcast Leo, Clara, Juan e Antía. Foi unha grande experiencia, así que iremos pasando todos pola Radio Balea. Deixo o podcast que enviamos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario