6.2.18

COÑECEMOS MÉXICO (6º E.I.)

Como xa sabedes temos unha amiga buceadora que se chama Rosa e vive en Yucatán, así que elaboramos un xogo para coñecer un pouquiño máis do seu país. Este xogo consiste en elexir unha fotografía de algo característico mexicano (tacos, templo maia, sombreiro...) e atopar o seu nome. Despois descubrimos que estas mesmas fotos as tiñamos no noso panel de palabras segredas e analizamos cada unha delas facendo un debuxo, contando as letras, as sílabas (que comezamos agora) e buscando outra palabra que comezara pola mesma letra. Podedes ver todas as imaxes desta sesión premendo no seguinte enlace: México.




No hay comentarios:

Publicar un comentario