Estes días aproveitamos para seguir traballando cos escornabots, eses pequenos robots cos que aprendemos tantas cousas sen darnos conta. Fixemos un taboleiro sobre o nadal e para saber como tiñamos que mover o escornabot, tirábamos un dado xigante e a imaxe que saía era onde o tíñamos que desprazar. Cando rematamos todos, xogamos por equipos co beebot, co taboleiro dos números, da granxa... foi moi divertido. Todas as fotos as podedes ver no seguinte enlace: escornabots nadal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario