30.12.12
NADAL, DOCE NADAL
Preparámonos para o Nadal!!! A última semana de clase estivemos moi atarefados decorando a nosa propia árbore navideña, repartindo brillantes e creativas postais caseiras para todos, pintamos pinas de cores para o taller de Nadal, escoitamos contos de nadal, aprendemos dúas paixoliñas moi divertidas e ata fixemos de reposteiros por un día creando deliciosas galletas.
E como non, participamos no concurso de debuxos navideños para o Concello e probamos os doces típicos de Nadal, en especial o turrón de chocolate porque o mazapán non nos gustou tanto como esperabamos.
Agora só falta que chegue Papa Nöel e os Reis Magos cargados de agasallos...como somos tan bos...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario