Como se nos faría eterno amosar todas as nosas obras artísticas, amosamos neste pequeno espazo dixital algunhas das máis célebres. Dende o comezo do curso descubrimos novos artistas, algún invento, obras de arte e técnicas que puxemos en práctica en diferentes creacións. Ademáis destacamos o libro feito por Bruno que tanto nos gustou.
E aínda nos queda moito por facer, asique non perdades de vista o blog dos Cativiños!
Moi fermosos todos os traballos que están nesta páxina e seguro que quedaron moitisimos máis por falta de sitio.
ResponderEliminarGústanme as cousas que poñedes no blog.
Parabens para"cativosmilladoiro" e as súas mestras.
Saúdos para Dora(é a única que me coñece).
Mari Carmen V.