31.1.17

CUMPLE DE ANDREA (4º E.I.)






COCIÑANDO ORELLAS (4º E.I.)

O pasado martes estreamos a cociña cunha receita típica do entroido. Todos colaboraron facendo a masa, e, logo cada un co rodillo estirou a súa orella. Estaban moi ricas, algún ata comeu 3 e 4 orellas. Pasámolo xenial, seguiremos usando a cociña no futuro.




O venres o papá de Pablo, Javier, veu ó cole a ensinarnos a Robi, un pequeno robot manexado a través do móvil, xa que este curso o centro estamos introducíndonos na robótica. Moitísimas grazas por vir!!!

29.1.17

BEEBOT ( 6º EI )


Xogamos co beebot a atopar figuras xeométricas!!! Encántanos a robótica!!




!

AXUDAMOS A ORIONA: EXPERIMENTAMOS COA GRAVIDADE ( 6º EI )


Tras ver este vídeo sobre a gravidade decidimos facer experimentos sobre a gravidade. A conclusión Oriona: as cousas na terra caen por culpa da gravidade, unha forza que atrae as cousas ó centro da Terra, e no espazo case non hai gravidade, por iso flotan.

27.1.17

MASA MÁXICA (5º E.I.)

Esta semana tocounos descubrir o mundo dos magos e coa profe Dora fumos a cociña a facer máxia. Precisamente o que fixemos foi masa máxica empregrando  maicena, auga e colorante. Mesturando todo isto temos unha masa que cando a revolves ou exerces unha presión vólvese moi dura e convértese nun sólido pero se non hai esa presión é un líquido. Unha ciencia totalmente máxica que introduce os nenos e nenas neste novo mundo con contidos como diluir, sólido, líquido... Todas as fotos da experiencia as podedes ver no seguinte enlace: a masa máxica.


CUMPLEANOS MÓNICA, LETICIA E GONZALO (5º E.I.)