Esta semana tocounos descubrir o mundo dos magos e coa profe Dora fumos a cociña a facer máxia. Precisamente o que fixemos foi masa máxica empregrando maicena, auga e colorante. Mesturando todo isto temos unha masa que cando a revolves ou exerces unha presión vólvese moi dura e convértese nun sólido pero se non hai esa presión é un líquido. Unha ciencia totalmente máxica que introduce os nenos e nenas neste novo mundo con contidos como diluir, sólido, líquido... Todas as fotos da experiencia as podedes ver no seguinte enlace: a masa máxica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario