15.5.23

DIA DA FAMILIA (6º E.I.)

 Hoxe, 15 de maio, conmemórase o Día da Familia, que para nós é o máis importante, por iso na clase de 6º de E.I. quixemos plasmar a nosa familia nesta obra de arte feita con estampación e espirales. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Día da familia.



11.5.23

LETRAS GALEGAS

Xa queda pouco para celebrar o Día das Letras Galegas, e polo tanto para o noso Festival das letras.


Para ir abriendo o apetito deixamos unha mostra dunhas das actuacións que veremos no noso Festival, un podcast creado polo alumnado da aula de 6º de Educación Infantil.


Esperamos que vos guste!!















8.5.23

PERCORRENDO GALICIA : Encaixe de Camariñas ( 6º EI)

   Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!

Para comezar  pedimos a colaboración das familias solicitando que trouxeran ó cole imaxes e fotos dos peques en distintos lugares de Galicia. 

A pasada semana viaxamos a Camariñas da man de Leo, que nos contou cousiñas da súa visita e localimolo no noso mapa de Galicia. Posto que o encaixe de Camariñas é moi famoso decidimos facer a nosa propia versión.              

Así, durante varios días os peques colleron unha plantilla de cartón con buratos, e elixiron as lás que querían utilizar e cantas. Unha vez realizada a costura cada un decorou a súa obra como lle gustaba e quedaron cousas moi chulas!!



Premer na imaxe para acceder á galería


4.5.23

PERCORRENDO GALICIA : FACENDO NEVE ( 6º EI)

   Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!

Para comezar  pedimos a colaboración das familias solicitando que trouxeran ó cole imaxes e fotos dos peques en distintos lugares de Galicia. 

Hoxe viaxamos ata O Cebreiro da man de Lucas, que nos explicou cousiñas dese lugar e o ubicamos no noso mapa de Galicia. Posto que moitos nenos e nenas non tocaran a neve decidimos realizar un experimento!


Así, en dous grandes grupos, visitamos a cociña onde se atoparon dúas opcións para a creación da neve, cada unha coas súas instrucións , unha mesturando dúas partes de bicarbonato e unha de auga e a opción de mesturar 1 parte de maicena con dúas de espuma de afeitado de cor azul. Cando remataron de facer a súa mestura escolleron e botaron purpurina azul ou branco, e rematamos xuntando a neve en dúas caixas, segundo a mestura, para amasar un ratiño máis. Mestres non se estropee, esa neve formará parte da aula multisensorial.


Premer na imaxe para acceder á galería


EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE ROSALÍA ( 6º EI)

 

Esta semana Rosalía cumpliu 6 anos!!!!!Por iso recibimos a visita da súa familia, Alberto, Lourdes e Xulia para celebrar o seu aniversario!!! 

Contáronnos a historia de Rosalía, de todas as cousas que lle gusta, como disfrazarse e bailar, ademais de ser locutora de radio !!!





Cando este libro estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas, aínda que teredes que esperar ata o próximo curso!







Ademais da visita da súa familia, entre todos, describimos á nosa protagonista, Rosalía, relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.













MOITÍSIMAS FELICIDADES ROSALÍA!!!!!










28.4.23

3 anos_GaliCómic:"Cativiñ@s... do Milladoiro!"

Leer más publicaciones en Calaméo

A nosa produción propia, GaliCómic, recolle as nosas primeiras experiencias escolares na nosa escola pública, rural e... galega!

Esperamos que vos guste, nós divertímonos aprendendo!

4 anos_GaliCómic:"O noso... Camiño!"

Leer más publicaciones en Calaméo

Presentamos a nosa produción propia: O noso... Camiño!

A actividade anual, GaliCómic, reflicte o proxecto, desenvolto ao longo do curso, ao redor do noso propio Camiño.

Esperamos que vos guste!