Este curso dentro do recuncho de minimundos, os peques seguen creando auténticas obras de arte que queremos compartir con tod@s!!!
15.12.22
COVA PREHISTÓRICA ( 6º EI)
Hoxe comprobamos que o papel que pintamos onte coas diferentes mesturas xa estaba seco, e observamos que falta algo de cor negra, polo que utilizando ceras brandas realizamos máis pinturas rupestres.
E desta forma quedou a nosa cova!!!!
Nadal na Aula Sensorial (6º E.I.)
Hoxe fumos a celebrar o Nadal na Aula sensorial e en parellas realizamos as seguintes actividades:
14.12.22
PINTURAS RUPESTRES ( 6º EI)
Para rematar este trimestre e dentro do noso Proxecto sobre a Prehistoria, descubrimos as pinturas rupestres.
Un día na asemblea falando sobre este tema decidimos converter a nosa aula nunha cova prehistórica, e para iso necesitamos decorar a porta de entrada con arte rupestre. Para poder realizar esta tarefa precisabamos de materiais naturais para pintar, así que fixemos unha relación de cousas que poderiamos utilizar e que pintaran de cor vermella, marrón, laranxiña..,
Así que hoxe, na aula multisensorial, comezamos a nosa actividade creativa. Utilizando agua, canela, orégano, pementa, colorante alimentario laranxa, vermello e amarelo creamos as nosas mesturas, utilizando morteiros, botes e pinceis para mesturar e contagotas.
Foi unha actividade moi divertida, Como nos gusta mancharnos!!!
Cando a entrada á nosa cova estea colocada ensinaremos o resultado!!!
13.12.22
EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE DANIELA M.( 6º EI)
Este curso, para a celebración dos aniversarios, e dentro do Proxecto Educa-tribo, convidamos ás familias ó cole a ler a súa historia do libro viaxeiro para toda a clase.
O libro viaxeiro marchou a casa de Daniela M., que estivo de volta a pasada semana, pero aínda non é o seu aniversario, así que ata o próximo verán non terá 6 anos!!
Diana, a súa mamá, e Daniela nos contaron a historia da súa vida, na que se ve o moito que lle gustan as celebracións, especialmente o Nadal e o seu aniversario.
Ademais da visita de Diana, entre todos, describimos as calidades da protagonista relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.
8.12.22
ADORNOS DE NADAL RECICLADOS ( 6º EI)
4.12.22
EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE MAYRA ( 6º EI)
Este curso, para a celebración dos aniversarios, e dentro do Proxecto Educa-tribo, convidamos ás familias ó cole a ler a súa historia do libro viaxeiro para toda a clase.
O libro viaxeiro marchou a casa de Mayra, que estivo de volta o xoves que foi o seu aniversario. XA TEN 5 ANOS!!!
Eva, a súa mamá, e Mayra nos contaron a historia da súa vida e da súa familia, do que máis lle gusta facer e cousas moi divertidas que nos faceron rir.
Cando estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas.
O día da celebración do aniversario, entre todos, describimos as calidades da protagonista relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.













