10.6.18

MURAL DO MAR ( 4º EI )

Despois de moitos meses traballando nel , por fin temos rematado o noso mural do mar, para que a serea Leo vexa todo o que investigamos, e algúns dos animais mariños que descubrimos!!!!

Nos venres robóticos puxéronlle códigos Qr, que nos levan a ver vídeos dalgúns deses animais na vida real. Agora o noso mural está exposto na Aula do Mar que está creándose no cole!!





https://photos.app.goo.gl/CgqvPMGQeHE2QxJ57

EXPLORANDO RECURSOS ( 4º EI )

Levamos un par de semanas descubrindo novos recursos ( que formarán parte do makerspace da biblioteca escolar) e aproveitando os coñecidos para afianzar coñecementos.

Pantalla táctil de clase: Reforzamos as series sinxelas, esta vez facendo raia -punto-raia, que utilizamos para decorar una estrela de mar , que despois utilizamos para facer un colar insertándoa xunto con macarróns. A pantalla tamén a utilizamos para traballar conceptos básicos a través do xogo LA ABEJA BUBA, recurso que lles encanta.

Lámpara de luz negra: utilizámola na nosa actuación do Samaín, pero casi non se acordaban, así que  fixemos unha actividade máxica, na que descubrimos como a lámpara de luz negra facía brilar os nosos dentes e ollos e a roupa branca. Utilizámola para facer debuxos na escuridade con rotuladores fluorescentes.

Mesa interactiva: é multitáctil , así que podíamos participar varias persoas ó mesmo tempo.  Xogamos a facer puzles do abecedario, xogos musicais artísticos , e aplicación de xogos lóxicos ( buscar unha cor e unha forma determinada).

Para ver as imaxes premer nos enlaces:


https://photos.app.goo.gl/CbBYcaRvyzgAnRqp7

https://photos.app.goo.gl/fnbavBMyXQnMpx6fA

9.6.18

AS CAIXAS DE XEOGRAFÍA (5º E.I.)

Cunhas caixas fixemos a representación de a onde pertence cada lugar, é dicir, Malpica pertence a provincia de Coruña; Coruña a Galicia, e así pouco a pouco ata que chegamos a formar parte do mundo. Foi unha actividade moi motivadora xa que puideron ver de forma manipulativa como esta estructurado o territorio.  Así, tamén puidemos ver que todos os paises que visitamos, tamén forman parte dalgún contiente e todos formamos parte do mesmo mundo.

7.6.18

CUMPLEANOS DE MARTÍN (6º E.I.)

Hoxe celebramos o primeiro dos cumpleanos do verán, a nai de Martín tróuxonos un libro moi divertido que titulábase "Los animales también se tiran pedos", o pasamos moi  ben co conto e cada día disfrutamos máis das nosas celebracións con os contos en familia.





5.6.18

ANIVERSARIO MARCO URES (5º E.I.)


VOLVEMOS (5º E.I.)

Xa toca volver a casa dende o último país que visitamos, Portugal. Collimos o noso bus surfeiro para que nos levara o aeroporto para coller o avión de volta a Malpica. Fíxonos moito ilusión esta viaxe, coñecimos moitos paises e convertímonos nuns grandes capións de surf.













UN MAR DE LIBROS (5º E.I.)

Durante o mes das letras unha das actividades que fixemos foi un mural na honra de Mª Victoria Moreno e o seu primeiro libro Mar adiante. Fixemos as fotos lendo un libro e, logo fixemos as fotos en forma de peixe; de xeito que fixemos un mar cheo de libros.