Levamos un par de semanas descubrindo novos recursos ( que formarán parte do makerspace da biblioteca escolar) e aproveitando os coñecidos para afianzar coñecementos.
Pantalla táctil de clase: Reforzamos as series sinxelas, esta vez facendo raia -punto-raia, que utilizamos para decorar una estrela de mar , que despois utilizamos para facer un colar insertándoa xunto con macarróns. A pantalla tamén a utilizamos para traballar conceptos básicos a través do xogo LA ABEJA BUBA, recurso que lles encanta.
Lámpara de luz negra: utilizámola na nosa actuación do Samaín, pero casi non se acordaban, así que fixemos unha actividade máxica, na que descubrimos como a lámpara de luz negra facía brilar os nosos dentes e ollos e a roupa branca. Utilizámola para facer debuxos na escuridade con rotuladores fluorescentes.
Mesa interactiva: é multitáctil , así que podíamos participar varias persoas ó mesmo tempo. Xogamos a facer puzles do abecedario, xogos musicais artísticos , e aplicación de xogos lóxicos ( buscar unha cor e unha forma determinada).
Para ver as imaxes premer nos enlaces:
https://photos.app.goo.gl/CbBYcaRvyzgAnRqp7
https://photos.app.goo.gl/fnbavBMyXQnMpx6fA
No hay comentarios:
Publicar un comentario