O outono xa chegou , así que imos celebralo.
Con todos os elementos naturais que aportaron as familias creamos un novo espazo na clase, o recuncho natural. Construímolo entre todos a partir da clasificación destes en varias caixas: follas amarelas, verdes, marróns, vermellas, flores e froitos.
Ademais utilizámolos para facer obras plásticas, nas que debuxamos a contorna dunha folla verde en papel de periódico, e decorámola con trazos oblicuos e puntiños. Quedaron uns traballos espectaculares!!!!
Aínda así queda pedente facer un mjural conxunto con todo infantil!
Como novidade, hoxe Dania trouxo a clase unha planta de Aloe Vera, e posto que é un ser vivo temos que coidala, pero como nos sabemos o que precisa para medrar, faremos unha pequena investigación sobre a cantidade de luz e auga que precisa!
Fotos outono
No hay comentarios:
Publicar un comentario